jueves, 25 de abril de 2024

EL ÁRBOL DEL PARQUE

Os alumnos e alumnas de 3º EP, representáronnos a obra “El árbol del parque”, na que nos falaban da importancia do coidado do medio ambiente: coidar as plantas, tirar o lixo nas papeleiras…

Fixérono moi ben e foi moi ameno para os pequenos. Moitas gracias a todos os que nestes días nos fixéstedes estas representacións!!

As mestras de infantil.



lunes, 22 de abril de 2024

LOS HIJOS DEL REY Y VAYA LIO

Estes días os alumnos e alumnas de 2° e 6° de educación primaria, fixéronos dúas representacións teatrais. Ámbalas dúas tiñan personaxes moi ben caracterizados e gustáronlles moito os rapaces de infantil. Moitas gracias!

As mestras de infantil.




jueves, 18 de abril de 2024

UNA NUEVA AVENTURA

Hoxe os alumnos e alumnas de 2° EP fixéronos unha obra de teatro titulada “Una nueva aventura”, actuaron todos de maravilla, moitas gracias!!

As mestras de infantil.



miércoles, 17 de abril de 2024

ADIVIÑAS CON 1°EP

No día de hoxe os alumnos e alumnas de 1°EP contáronnos unhas adiviñas moi divertidas, fixéronno moi divertido e ameno, pasámolo moi ben! Moitas gracias!!

As mestras de infantil.



martes, 16 de abril de 2024

COMEZAMOS A SEMANA DO LIBRO

Ola a todos e todas!

Hoxe tivemos a primeira sesión de contacontos no cole, esta vez da man de 5° EP, contáronnos contos como “Adivina cuanto te quiero”, “Blancanieves”, “Peppa Pig”… entre outros. 

As mestras de infantil.




miércoles, 6 de marzo de 2024

EXCURSIÓN A ALLARIZ

Familias! Onte todo o colexio foi de excursión a Allariz. Os nenos e nenas de infantil foron ao Museo Galego do Xoguete, divertíronse  nun parque e comeron alí.

Foi un gran día.










As mestras de infantil.

martes, 6 de febrero de 2024

FACEMOS UNHA CARAUTA DE ENTROIDO

Ola familias!

O entroido está moi próximo e o longo da semana pasada fixeron un mural cunha máscara de unicornio que quedou chulísima. 

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos decoraron un anteface moi bonito para amosar no corredor de infantil, facendo pinceladas, pegándolle boliñas de papel… mirade canto traballaron.

Esperamos que vos guste. 














Este foi o resultado final.


As mestras de educación infantil.